Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Semana 25 novembro: Navegamos con M de Muller EMPODERADA.

Imaxe
Este ano, no 25 de novembro navegamos con M de Muller empoderada. Queremos destacar o seu labor tanto na cultura galega como noutros eidos e nacións.  O alumnado está a levar a cabo diferentes actividades, coa colaboración do profesorado e da Biblioteca, que vos mostramos a continuación:  Santiago Rey Fariña de 2º de Bacharelato, fixo unha mostra dos seus deseños sobre mulleres empoderadas da historia como a galega María Pita ou as Sufraxistas inglesas do XIX. E o alumnado de Ciclos, co profesor Gerardo, fixo o mural que se exporá no Concello de Cambados.    O alumnado da ESO capturou moreas de peixes con versos de mulleres empoderadas, que innunda o centro de cultura, respecto e igualdade.    Tamén aproveitamos para lembrarvos que mañá, 25 N, vén Josefa Abal (da asociación Guimatur ) falarnos e facernos unha mostra da arte da elaboración de redes na nosa contorna.    Tamén contamos coa participación do alumnado de 2º de Bacharelato, quen elaboraron videopoemas de literatura de muller

Poesía visual contra violencia de xénero (25 N).

Imaxe
  O alumnado de 4º de ESO preparou na materia de Educación Plástica, co profesor Gago, unhas pegatinas de poesía visual contra a violencia de xénero. A poesía que resultou gañadora foi a deseñada por Raquel Bea de 4º ESO D, que foi repartida entre toda a comunidade educativa. 

Presentación.

Imaxe
Esta bitácora nace co gallo dun novo proxecto para visibilizarmos o papel da muller na sociedade galega, en calquera dos ámbitos. O obxectivo é levar ás aulas a igualdade e erradicar os estereotipos de xénero. Como dicía Xohana Torres: "A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR". Por iso, nós este curso Navegamos con M de muller...  Para iso, comezamos o curso celebrando o Día das Mulleres Escritoras (18 de outubro) cunha lista de lecturas de mulleres empoderadas, que xa tedes dispoñible na biblioteca do centro.  Tamén tedes á vosa disposición Una mujer, un voto , de Palmer e Mazorriaga. Este cómic chegou a nós con motivo da celebración do sufraxio feminino (1 de outubro).