Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

Visita ao Salón do Libro e Museo de Pontevedra: mulleres na arte.

Imaxe
  Nos últimos anos, os museos tentaron recuperar a memoria das artistas a través de diversas accións: celebrando grandes exposicións, organizando actividades monográficas sobre o papel da muller na historia da arte ou aumentando as obras femininas expostas. Con todo, ao longo da historia, a muller no seu papel de creadora estivo practicamente ausente nos museos, a pesar de que podemos atopar artistas traballando como tal en practicamente calquera época. Na colección permanente do Museo de Pontevedra, atopámonos con dezasete mulleres artistas, catorce pintoras e dúas escultoras, aínda que en total nos fondos do museo contamos con obras de máis de oitenta. A maior parte delas localízanse no Edificio Castelao, principalmente na terceira planta, mais tamén podemos ver producións femininas na primeira planta (Carmen Babiano) e na segunda (Elvira Santiso, María del Carmen Corredoyra, María Röesset e Carmen Alcoverro). Ademais, na segunda planta do Edificio Sarmiento, dentro da sala dedicad

Semana 8M: participación no Salón do Libro: Artelladoras e La insolación de Carmen Laforet.

Imaxe
  Este ano o  Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedr a leva por título: "Con moita arte!" e fomos convidad@s, como Instituto de fóra de Pontevedra, a participar na exposición de traballos, así que decidimos apostar pola arte pero centrada nas mulleres, coa montaxe "Artelladoras". Dado que durante moitos séculos a súa labor artística foi silenciada decidimos darlle presenzalidade a moitas delas. Así que empezando pola montaxe (que alude á moda, onde tanto fixeron/fan e onde moitas veces so se menciona aos modistos que están por diante...) que é un maniquí, de estética Art-Decó, tanto na cartelería (obra desinteresada da ilustradora galega  Aurora Cascudo Román ) como na montaxe xeral. Homenaxe a elas é tamén o código QR que aparece na vestimenta, dende onde se pode acceder á reinterpretación que o alumnado de 4ºESO fixo de "La Insolación"de Carmen Laforet. Podedes ver as montaxes  neste vídeo... A nosa idea era montar a través dunha longa falda de d

Semana 8M: Encontro literario con Dores Tembrás: PENÉLOPE.

Imaxe
Hoxe na biblioteca celebrouse un o bradoiro poético con Dores Tembrás.  Fíxonos unha revisión do mito de Penélope a través da literatura galega e en clave feminista. Tamén nos deu pautas para escribirmos os nosos propios poemas... 8 M hoxe e sempre! Graciñas, Dores!  Navegamos con M de Muller...

Semana da prensa: as primeiras mulleres galegas xornalistas.

Imaxe
Grazas ao Plan Proxecta Donas de si, recibimos material para traballar a figura da muller galega no xornalismo.  Fíxose unha exposición nos corredores do centro e o alumnado de 4º de ESO e 1º de FP Básica estivo investigando sobre o papel das primeiras mulleres xornalistas, articulistas ou corresponsais noutros países e que naceron en Galiza. Unha gran descoberta!! Navegamos con M de Muller...

Encontro con Joshua Alonso: contra a violencia de xénero.

Imaxe
Con motivo do Día da Muller e grazas á Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella tivemos a sorte de contar con Joshua Alonso no noso centro. El foi vítima de violencia de xénero cando asasinaron a súa nai e quedou orfo e ao coidado do seu irmán pequeno.  Con el fomos conscientes de que xs fillxs das vítimas de violencia de xénero non foron consideradas como tal ata o ano 2013. Temos que continuar traballando para erradicar esta lacra...   

Semana 8M: mural Día Internacional da Muller.

Imaxe
Hoxe tivemos a sorte de contar coa participación dxs artistas plásticos Susana Ferradás e Gerardo Rodríguez "Chere" quen guiaron ao alumnado de 1º e 2º de ESO na creación dun mural con motivo da celebración do 8M.  Nel fixeron unha representación da obra de J. Howard Miller de 1943.  Tamén montaron un photocall con piruletas de feminismo, igualdade e inclusión con título Somos sementes de Igualdade, porque sempre Navegamos con M de Muller... 

Actividades 8M: crítica literaria sobre literatura feminina.

 Con motivo do 8M, algunhas alumnas decidiron facer crítica literaria de literatura creada por mulleres.  Deixámosvos cunha gran crítica que realizaron Raquel Bea, Naia Rodríguez e Mercedes Suárez de 4º ESO D sobre a novela Seis de Cuervos , da autora israelita Leigh Bardugo.  Tamén se animaron a gravar un vídeo para animarnos a somerxernos nesta novela fantástica onde un grupo de ladróns persegue algo en común, pero necesitan das cualidades de todxs para poder cometer o maior roubo das súas vidas.  CRÍTICA LITERARIA:  Seis de cuervos es el primer libro de la bilogía Seis de cuervos escrito por Leigh Bardugo. Fue publicado en español en agosto del 2016 por la Editorial Hidra. Leigh Bardugo nació en Jerusalén, pero creció en Estados Unidos. Después de estudiar Inglés en la Universidad de Yale trabajó en campos como el periodismo, el maquillaje y los efectos especiales. Sombra y hueso fue la primera novela publicada de Bardugo, que pasaría a ser una trilogía. Más adelante le seguirían

Semana 8M: concurso carteis 8M.

Imaxe
 O alumnado de 2º de Bacharelato participou activamente no concurso de carteis que convoca anualmente a Consellería de Igualdade, baixo o título FIANDO REDES…  Na nosa contorna, o traballo de redeira está a desaparecer porque case non hai transmisión xeracional, amais de que se trata dun oficio/arte que sempre estivo estigmatizado como traballo exclusivamente feminino. Con Fiando redes… queremos fomentar a igualdade entre homes e mulleres; entre xente maior e xente nova; tamén imbuír que os oficios non teñen xénero, etc.  O lema está pensado para facer un xogo de palabras atendendo á semántica do vocabulario. O verbo fiar, a maiores do significado recto relacionado co fío, tamén significa “relacionar [unha cousa non material] con outra”. O mesmo acontece con rede que ten relación coas mallas que serven para pescar, pero tamén fai referencia a “un conxunto de medios ramificados que serven para comunicar algo”. Por ende, a mensaxe figurada que se transmite con Fiando redes… é a d