Visita ao Salón do Libro e Museo de Pontevedra: mulleres na arte.

 

Nos últimos anos, os museos tentaron recuperar a memoria das artistas a través de diversas accións: celebrando grandes exposicións, organizando actividades monográficas sobre o papel da muller na historia da arte ou aumentando as obras femininas expostas. Con todo, ao longo da historia, a muller no seu papel de creadora estivo practicamente ausente nos museos, a pesar de que podemos atopar artistas traballando como tal en practicamente calquera época.

Na colección permanente do Museo de Pontevedra, atopámonos con dezasete mulleres artistas, catorce pintoras e dúas escultoras, aínda que en total nos fondos do museo contamos con obras de máis de oitenta. A maior parte delas localízanse no Edificio Castelao, principalmente na terceira planta, mais tamén podemos ver producións femininas na primeira planta (Carmen Babiano) e na segunda (Elvira Santiso, María del Carmen Corredoyra, María Röesset e Carmen Alcoverro). Ademais, na segunda planta do Edificio Sarmiento, dentro da sala dedicada á colección Sánchez-Mesas, podemos coñecer a obra de Juana Francés, Mariña Núñez del Prado, Sofía Morales e Isabel Villar Ortiz de Urbina.

Grazas á guía do Museo, Sabela Santos Filgueira, puidemos coñecer máis a fondo que papel xogaba e xoga a muller na arte. 

Tamén tivemos oportunidade de acudir a un concerto de rock ao Salon do Libro co grupo galego Zënzar. A súa baixista, Laura Romero é tamén ilustradora e deleitounos cun mural realizado en directo e aproveitamos para coñecer de primeira man a súa obra sobre Músicas galegas ilustradas. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ACCIÓN POÉTICA TRABALLANDO POLA IGUALDADE.

Memoria histórica: Dores.