Publicacións

ACCIÓN POÉTICA TRABALLANDO POLA IGUALDADE.

Imaxe
  Hoxe o alumnado do instituto xunto cos profesores Cristina Corral e Gerardo Rodríguez “Chere”, pintaron na  parede lateral do pavillón os versos escollidos na celebración do Día da Poesía aumentando o espazo artístico do  IES Francisco Asorey e traballando a prol da igualdade, pois eliminaron pintadas machistas que deslucían o entorno.    

Mulleres na ciencia: Diana Valverde e Paloma Morán.

Imaxe
  O alumnado de cultura científica de 4ESO e 1BAC asistiu hoxe á charla de xenética impartida no noso IES polas catedráticas de xenética da Universidade de Vigo Diana Valverde e Paloma Morán,na que falaron de xeito moi didáctico, entre outras moitas cousas de enfermidades raras e o seu estudo e da importancia do papel da muller no eido científico. 

Creación do mural "Mulleres cheas de mar"...

Imaxe
  UN MURAL ADICADO ÁS MULLERES DO MAR AMPLÍA A "GALERÍA DE ARTE" DO IES ASOREY. Hoxe vimos de inaugurar o mural que a artista Susana Ferradás elaborou xunto co alumnado do noso Instituto. A obra que é unha homenaxe ás mulleres do mar e foi eloxiada pola presidenta de Guimatur e das Mariscadoras. Esta é unha actividade continuadora das actividades de inicio de curso nas que se quixo poñer en valor o traballo da muller no mar en oficios e artes mariñeiras (redeiras, principalmente) que se están a perder e que, incorrectamente, sempre se vencellaron exclusivamente á figura feminina. No acto participaron o alcalde de Cambados e o Concelleiro de Cultura. Esta obra foi posible gracias a colaboración do profesor Gerardo, Chere. O acto foi amenizado polo profesorado do centro e o seu grupo Os Arraighados.    

Xénero neutro

Imaxe
  Aproveitouse a falta de sinalización no acceso ao aparcadoiro do profesorado para colocar unha placa na que se racha co masculino xenérico tan utilizado coa excusa da economía lingüística.  Desde o IES Francisco Asorey queremos Navegar con M de Muller... 

Memoria histórica: Dores.

Imaxe
  Hoxe o alumnado de 1BAC e 4ESO asistiron á proxeción posterior coloquio do documental "Dores" que ben de recibir múltiples premios do sector audiovisual. "Dores", a curta dirixida pola arousá Coral Piñeiro que hoxe nos acompañou canda a súa produtora Míriam Martínez preséntase como resposta a "unha necesidade moi clara: loitar contra o esquecemento do acontecido durante a ditadura de Franco e as consecuencias aínda presentes hoxe en día". Á posterior charla e debate asistiron tamén Tino Cordal (tenente de alcalde de Cambados) e Susana Sánchez Aríns (escritora e profesora de secundaria), ambos coprotagonistas do documental e da historia contada nel. Hoxe aprendemos que os pobos que non coñecen a súa historia vense condenad@s a repetila.

Semana do Libro: exposición Agatha Christie.

Imaxe
Na semana do libro, o alumnado de 4º de ESO e FP Básica fixeron unha exposición sobre a novela negra de Agatha Christie cunhas edicións moi chulas dos anos 50 e 60. Ainhoa Martínez de 4º ESO C pintou o rostro da autora e do seu detective máis famoso, Poirot. 

Visita ao Salón do Libro e Museo de Pontevedra: mulleres na arte.

Imaxe
  Nos últimos anos, os museos tentaron recuperar a memoria das artistas a través de diversas accións: celebrando grandes exposicións, organizando actividades monográficas sobre o papel da muller na historia da arte ou aumentando as obras femininas expostas. Con todo, ao longo da historia, a muller no seu papel de creadora estivo practicamente ausente nos museos, a pesar de que podemos atopar artistas traballando como tal en practicamente calquera época. Na colección permanente do Museo de Pontevedra, atopámonos con dezasete mulleres artistas, catorce pintoras e dúas escultoras, aínda que en total nos fondos do museo contamos con obras de máis de oitenta. A maior parte delas localízanse no Edificio Castelao, principalmente na terceira planta, mais tamén podemos ver producións femininas na primeira planta (Carmen Babiano) e na segunda (Elvira Santiso, María del Carmen Corredoyra, María Röesset e Carmen Alcoverro). Ademais, na segunda planta do Edificio Sarmiento, dentro da sala dedicad