Creación do mural "Mulleres cheas de mar"...

 UN MURAL ADICADO ÁS MULLERES DO MAR AMPLÍA A "GALERÍA DE ARTE" DO IES ASOREY.

Hoxe vimos de inaugurar o mural que a artista Susana Ferradás elaborou xunto co alumnado do noso Instituto. A obra que é unha homenaxe ás mulleres do mar e foi eloxiada pola presidenta de Guimatur e das Mariscadoras. Esta é unha actividade continuadora das actividades de inicio de curso nas que se quixo poñer en valor o traballo da muller no mar en oficios e artes mariñeiras (redeiras, principalmente) que se están a perder e que, incorrectamente, sempre se vencellaron exclusivamente á figura feminina.

No acto participaron o alcalde de Cambados e o Concelleiro de Cultura. Esta obra foi posible gracias a colaboración do profesor Gerardo, Chere. O acto foi amenizado polo profesorado do centro e o seu grupo Os Arraighados.

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ACCIÓN POÉTICA TRABALLANDO POLA IGUALDADE.

Visita ao Salón do Libro e Museo de Pontevedra: mulleres na arte.

Memoria histórica: Dores.