Memoria histórica: Dores.

 Hoxe o alumnado de 1BAC e 4ESO asistiron á proxeción posterior coloquio do documental "Dores" que ben de recibir múltiples premios do sector audiovisual.

"Dores", a curta dirixida pola arousá Coral Piñeiro que hoxe nos acompañou canda a súa produtora Míriam Martínez preséntase como resposta a "unha necesidade moi clara: loitar contra o esquecemento do acontecido durante a ditadura de Franco e as consecuencias aínda presentes hoxe en día".
Á posterior charla e debate asistiron tamén Tino Cordal (tenente de alcalde de Cambados) e Susana Sánchez Aríns (escritora e profesora de secundaria), ambos coprotagonistas do documental e da historia contada nel.
Hoxe aprendemos que os pobos que non coñecen a súa historia vense condenad@s a repetila.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ACCIÓN POÉTICA TRABALLANDO POLA IGUALDADE.

Visita ao Salón do Libro e Museo de Pontevedra: mulleres na arte.