Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

ACCIÓN POÉTICA TRABALLANDO POLA IGUALDADE.

Imaxe
  Hoxe o alumnado do instituto xunto cos profesores Cristina Corral e Gerardo Rodríguez “Chere”, pintaron na  parede lateral do pavillón os versos escollidos na celebración do Día da Poesía aumentando o espazo artístico do  IES Francisco Asorey e traballando a prol da igualdade, pois eliminaron pintadas machistas que deslucían o entorno.    

Mulleres na ciencia: Diana Valverde e Paloma Morán.

Imaxe
  O alumnado de cultura científica de 4ESO e 1BAC asistiu hoxe á charla de xenética impartida no noso IES polas catedráticas de xenética da Universidade de Vigo Diana Valverde e Paloma Morán,na que falaron de xeito moi didáctico, entre outras moitas cousas de enfermidades raras e o seu estudo e da importancia do papel da muller no eido científico. 

Creación do mural "Mulleres cheas de mar"...

Imaxe
  UN MURAL ADICADO ÁS MULLERES DO MAR AMPLÍA A "GALERÍA DE ARTE" DO IES ASOREY. Hoxe vimos de inaugurar o mural que a artista Susana Ferradás elaborou xunto co alumnado do noso Instituto. A obra que é unha homenaxe ás mulleres do mar e foi eloxiada pola presidenta de Guimatur e das Mariscadoras. Esta é unha actividade continuadora das actividades de inicio de curso nas que se quixo poñer en valor o traballo da muller no mar en oficios e artes mariñeiras (redeiras, principalmente) que se están a perder e que, incorrectamente, sempre se vencellaron exclusivamente á figura feminina. No acto participaron o alcalde de Cambados e o Concelleiro de Cultura. Esta obra foi posible gracias a colaboración do profesor Gerardo, Chere. O acto foi amenizado polo profesorado do centro e o seu grupo Os Arraighados.    

Xénero neutro

Imaxe
  Aproveitouse a falta de sinalización no acceso ao aparcadoiro do profesorado para colocar unha placa na que se racha co masculino xenérico tan utilizado coa excusa da economía lingüística.  Desde o IES Francisco Asorey queremos Navegar con M de Muller...