Semana 25 novembro: Navegamos con M de Muller EMPODERADA.
Este ano, no 25 de novembro navegamos con M de Muller empoderada. Queremos destacar o seu labor tanto na cultura galega como noutros eidos e nacións.
O alumnado está a levar a cabo diferentes actividades, coa colaboración do profesorado e da Biblioteca, que vos mostramos a continuación:
Santiago Rey Fariña de 2º de Bacharelato, fixo unha mostra dos seus deseños sobre mulleres empoderadas da historia como a galega María Pita ou as Sufraxistas inglesas do XIX. E o alumnado de Ciclos, co profesor Gerardo, fixo o mural que se exporá no Concello de Cambados.
O alumnado da ESO capturou moreas de peixes con versos de mulleres empoderadas, que innunda o centro de cultura, respecto e igualdade.
Tamén aproveitamos para lembrarvos que mañá, 25 N, vén Josefa Abal (da asociación Guimatur) falarnos e facernos unha mostra da arte da elaboración de redes na nosa contorna.
Comentarios
Publicar un comentario